1 de xuño de 2012

Accidente de Roberto, presidente do CC Riazor


Roberto, presidente do CC Riazor, sufriu estos días un accidente de circulación cando transitaba  en bicicleta a altura do cruce de Cortiñán, na N-VI. Por fortuna esta vez non temos que lamentar outra perda mais dun compañeiro, pois as últimas noticias que nos chegan falan da súa recuperación. Unha vez mais ponse de manifesto a inseguridade a que nos vemos abocados cada vez que decidimos sair a estrada a practicar o noso deporte favorito. A única defensa da que dispoñemos é a do casco, pois o groso de impacto, ímolo a sufrir no noso corpo. É verdade que a maioría dos conductores non coñecen a normativa vixente de circulación en relación a os ciclistas, e en ocasións incluso coas súas imprudencias non dubidan en por en risco a vida do ciclista como si esta carecera do mais mínimo valor, pero tampouco é menos certo que hai ciclistas que circulan infrinxindo as normas, sin decatarse de que estan arriscando a súa vida e poñendo en perigo tamén a dos conductores. Dende a Peña Monte Xalo, pedimos os dous colectivos, ciclistas e conductores, pero sobre todo a estos últimos, polo desprotexidos que circulan os primeiros, paciencia e respeto, moito respeto na estrada, porque detras de cada ciclista non so hai unha vida, tamén hai unha familia destrozada cada vez que se produce unha morte que, sen dúbida, se podía ter evitado. Reclamamos as institucións pertinentes, campañas de concienciación, para que cada vez mais conductores estean o tanto de como comportarse diante dun ciclista, como dicta o vixente código de circulación, pero non esquenzamos que os ciclistas tamén o temos que cumprir.
Os compoñentes da Peña Monte Xalo, desexámoslle a Roberto, unha pronta recuperación e mandámoslle unha forte aperta. 

Extracto do novo código de circulación:
Se permite la circulación de dos bicicletas en paralelo, pero hay que ponerse en fila india en los tramos sin visibilidad (curvas, cambios de rasante, niebla, etc.) También podemos circular en un grupo compacto en fila de a dos.
La bicicleta tiene prioridad en carril bici. También, frente a vehículos a motor que giren en un cruce. Cuando circulemos en grupo, la prioridad de paso del primer ciclista en un cruce o una rotonda se aplica por extensión también al resto del grupo, como si fuera un solo vehículo.
Los componentes de un grupo de ciclistas pueden avanzarse unos a otros sin que esto constituya adelantamiento. Dos ciclistas en paralelo, no están obligados a romper en fila de a uno, cuando un coche adelanta en sentido contrario. Solamente está permitido adelantar a un ciclista o grupo de ciclistas cuando la maniobra se pueda realizar en condiciones de seguridad, por lo tanto hay que desplazar el vehículo parcial o totalmente al carril contiguo, respetando, además, la distancia lateral mínima de 1,5 metros.
......queda expresamente prohibido adelantar poniendo en peligro o entorpeciendo a ciclistas que circulen en sentido contrario.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.