Toda vez que xá tiñamos feitos os "deberes" coa nosa participación na marcha cicloturista La Peña Cabarga, os membros da Peña que nos desprazamos ata a localidade cántabra de Solares, decidimos aparcar o noso uniforme habitual, para concederlle unha pequena homenaxe o inesquecible día que vivimos en Santander, lucindo o maillot conmemorativo da marcha co que nos agasallou a organización. Esta equipación é unha homenaxe o mítico equipo Flandria que contou entre outros nas súas filas a corredores como Roger de Vlaemink, Joop Zoetemelk ou o gran Freddy Maertens, do que incluímos unha foto en esta crónica. Así que coa indumentaria blanquivermella saímos a queimar goma polas estradas da bisbarra Abraham, Julio, Marante, Miguel, Monky e Yiyo, acompañados do noso bon amigo David. O fin de festa puxoo o Monte Xalo pola
súa vertiente de Cabrois a onde pertencen estas instantáneas, agás a da baixada que corresponde a zoa do cemiterio de Carral, onde tivemos o único percance do día a modo de pinchazo. A foto do grupo o completo esta feita en Castelo, e foi enviada a organización da marcha cicloturista a modo de agradecemento polo mágnifico trato recibido na nosa estancia na localidade Cántabra. En total foron 3 horas nas que percorrimos algo mais de 80 quilómetros nos viaxamos o "pasado" ciclista da man da vestimenta do Flandria, e nas que nos
adicamos a darlle voltas a unha serie de ideas que queremos poñer en practica e das que xa daremos comprida información en esta web. E que non se esquenza que "nos fixemos a I Peña Cabarga".
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.