20 de maio de 2012

A Peña Monte Xalo no aniversario de Ciclos Quintena


Aceptando a invitación cursada pola nova dirección de Ciclos Quintena, a Peña Monte Xalo estivo presente coa sección de estrada, para acompañalos na saída prevista o pasado Domingo 13 de Maio. Paralelamente tamén tiñan organizada unha saída en btt a que tamén acudiu un considerable número de ciclistas, pero na que non nos encontrábamos representados. Aínda que tamén practicamos o btt, tanto Abraham, Julio, Marante, Miguel, Monky e Yiyo optamos pola bici de roda estreita para este evento. A saída por estrada arrancou, igual ca de btt, dende a tenda de Ciclos Quintena e a o longo de pouco mais de tres horas transitamos polas localidades de Culleredo, Boedo, Loureda, Arteixo, Laracha, Baio e novamente por Arteixo por onde voltamos para A Coruña por Vilarrodís, onde cada quén sacou a relucir o seu espírito competitivo, aínda que logo nos reagrupamos antes do polígono da Grela, e entramos xuntos na cidade para rematar diante da tenda homenaxeada, onde todolos ciclistas, estradenses e beteteiros, disfrutamos de uns abondosos e saborosos pinchos por cortesía de Ciclos Quintena. Dende aquí dámoslles as felicitacións e desexamos que sexan moitos mais os aniversarios a celebrar pola nova dirección.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.