Coincidindo coa festividade das letras galegas, o pasado 17 de Maio os Monte Xalo fixemos unha saída de fondo en estrada, con saída dende o campo da feira en Cambre e chegada nos eólicos situados no Alto do Couso na Serra de Meira en Lugo. O percorrido levounos a Abraham, Julio, Marante, Miguel, Monky e Yiyo por Betanzos pola N-VI, subindo a costa da sal, para continuar ata Outeiro de Rei, onde tomamos o desvío que nos levaría ata Castro Riberas de Lea onde fixemos unha parada técnica para repoñer forzas, e continuar de seguido camiño de Meira, momento en que atacamos a segunda ascensión do día que nos levaría ata o Alto do Couso pola vertiente da vila mencionada. Ata este momento a velocidade media era bastante alta, superior os 30 qm/h. favorecida sen dúbida polo noso paso pola terra Chá, que en algures non é tan chá como parece, e o longo descenso que nos ía levar ata Ribeira de Piquín pois tamén axudou. Na Ribeira fixemos unha mínima parada antes de encarar o derradeiro ascenso do día, que ía a por a proba a nosa resistencia física, pois eleximos unha vertiente nova que se desviaba polo pequeno pobo de Meiroi, o cual hai que atravesar por un camiño estreito no que apenas cabe un coche e no que o chán estaba cimentado, supoñemos pola forte pendiente, que sin embargo se ía endurecer moito mais o deixar atrás Meiroi e voltar a estrada asfaltada, pois en algún momento o Garmin chegou a marcar un 23 % de desnivel máximo. E aínda que poidera parecer que ata os eólicos o camiño ía ser mais sinxelo, todo o contrario, pois cas forzas xá mermadas o sair a estrada principal atopamos a longa recta de mais de medio interminable quilómetro con unha pendiente media do 10 % e cando a mesma remataba ao xirar a dereitas cara a estrada que nos ía levar o remate da nosa etapa, todavía tiñamos un quilómetro e medio durísimo, que por momentos chegou a acadar o 17 %. Cando por fín albiscamos os desexados eólicos, sentimos unha mixtura de alivio e satisfacción por ter deixado atrás unha ascensión tan dura e por suposto, por tela superado. Así que os seis integrantes de esta excursión encaramos o descenso que nos levaría ata o pedregal de Irimia, lugar onde nace o Miño, rio que brotará mais tarde en Fonmiñá. Xá co deber cumprido xuntámonos coas nosas familias na Casa Cazoleiro onde poidemos repoñer forzas coas saborosas viandas que nos deparou Alberto dono do complexo. Agora que xá superamos outro reto, so queda darlle voltas a cabeciña a ver que se nos ocurre agora, que algunha idea xá imos perfilando.
https://picasaweb.google.com/106775249419568928211/CambreMeira2012
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.