Desta volta, Joaquín Rodriguez "O Purito" foi máis regular que nunca nunha volta de 3 semanas, nas que fixo falta para tumbalo un Hesjedal, igual de regular, que facendo valela súa condición de rodador levouse o Giro 2012 por só 16 segundos na crono final. O corredor catalán que ademáis de vender moi cara a súa pel en Milán, onde completou unha excelente contrareloxio totalmente chan e moi desfavorable para as súas características, gañou tamén 2 etapas de prestixio, unha en costa, na histórica cidade de Asís e outra nos Dolomitas, en Cortina. Vaia dende este sitio esta pequena homenaxe e recoñecemento a un dos corredores que máis afición crea no ciclismo. Os afecionados galegos tamén o emplazamos para poder animalo na edición da vindeira Volta a España, na que poderemos velo en directo nas duras rampas que lle esperan nas nosas montañas. GRANDE Purito, MOI GRANDE !! Vémonos en Agosto...
http://www.esciclismo.com/ampliada.asp?Id=22012
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.