13 de maio de 2012

I Marcha cicloturista La Peña Cabarga

O pasado 5 de Maio celebrouse na localidade cántabra de Solares, a I edición da marcha cicloturista La Peña Cabarga organizada polo CDE Dos a tu ritmo. O percorrido tiña dúas alternativas, unha curta de 68 quilómetros con remate na subida que da nome a marcha e outra de 137 na que ademais se incluía tamén unha ascensión o porto de primeira categoría El Caracol. Todolos membros da Peña Monte Xalo
(Abraham, Julio, Marante, Miguel, Monky e Yiyo) estabamos inscritos no percorrido largo, e de feito podemos considerar un éxito a nosa participación, porque todos conseguimos acadar o noso obxetivo.

A saída de esta proba cicloturista deuse as 9 da mañán de un día soleado, como se pode observar na instantánea que ilustra esta crónica, pero que pouco a pouco se foi enturbiando ata que unha vez chegado as primeiras rampas do porto do Caracol, este transformouse nunha treboada con fases de sarabia que non nos abandonou ata chegar o avituallamento de Selaya, onde ateridos polo frío acadado no descenso, a todos nos entraron serias dúbidas de si seríamos quen de rematar a proba. Pero a partires de aquí o tempo mudou para volver a depararnos un fermoso sol e unha temperatura agradable, que nos acompañou o resto do día, polo que a ascensión a durísima Peña Cabarga, que con porcentaxes do 10, 14, 16 e con unha pendiente máxima do 19%, foi se cadra un pouco menos complicada do que a priori sería se o chan estivese mollado. Esta ascensión un tanto curta, pois non chega os 6 quilómetros, pero moi intensa pola súa dureza, premia o ciclista con unha panorámica impresionante da comunidade cántabra. O remate a organización agasallounos con un cocido montañés, quesada e demais viandas que degustamos a carón mismo do balneario de Solares. A peña Monte Xalo foi premiada por ser o clube mais lonxano en participar na proba, e tamén por ter nas súas filas o ciclista de menor edad, Abraham Marante, que na súa primeira "grande" non só se conformou con participar na proba polo seu perfil mais longo, sinón que ademais rematou facendo unha subida encomiable a Peña Cabarga, con un tempo de ascensíon digno de eloxio. O noso agradecemento polo trato recibido por parte da organización e concretamente por parte de Enrique Aja, antigo ciclista profesional dos equipos Reynolds e Teka, entre outros, que nos axudou en todo momento de maneira totalmente desinteresada, alabandonos polo esforzo realizado no desprazamento ata a localidade cántabra. E por suposto agradecer as nosas familias, Mº José, Maria, Mónica, Tamara, Ana, Carlos e os nenos Jorge e Noa, o apoio recibido o longo de toda a xornada.
Agora xá podemos dicir con orgullo o lema da organización: "nos fixemos a I Peña Cabarga".
Podedes ver mais fotos no seguinte enlace:
https://picasaweb.google.com/106775249419568928211/PenaCabarga2012

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.