2 de maio de 2012

Martes 1 de Maio

Unha vez mais desafiando os elementos, botámonos a estrada coa intención de acumular o máximo de tempo posible de cara a o fondo que necesitaremos o vindeiro sábado en Santander. Abraham, Marante, Miguel, Monky e Yiyo  completamos un percorrido superior os 80 quilómetros en pouco mais de 3 horas, achegandonos a Pontedeume por Perbes, continuando por Betanzos, onde subimos ata o Vinte, para voltar a Cambre subindo a "mini Cabarga" de Armental, a modo de simulación, si se lle pode chamar así, do perfil que imos atopar en Solares. En contra do que podía parecer a mañán presentouse seca e con momentos de sol, eso sí, acompañados de rachas de forte vento. A o noso paso por Miño, cruzámonos con Alberto, Dani e David, compañeiros do CC Cambre entre outros, pois a presenza de ciclistas na estrada foi bastante nutrida. E agora toca repouso, que boa falta nos vai facer...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.