A PC Monte Xalo foi invitada e acudiu a acompañala saída dos valentes do CC Riazor que aceptaron o reto de unir María Pita na Coruña e Coruña del Conde en Burgos
nunha randoneé de 600 Km en bicicleta. Os nosos ciclistas, logo de ser saludados polo alcalde na mesma porta do concello, rodaron cos compoñentes do Riazor e de outros clubes dende a cidade ate San Pedro, onde despediron a estes homes que concluiron con éxito a súa aventura deportiva como se pode ver no enlace de abaixo. Dende a PC Monte Xalo, noraboa para eles por telo conseguido e tamén o CC Riazor por organizalo e o Concello da Coruña polo seu apoio.
http://www.ccriazor.com/foros/tema/1298
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.