30 de abr. de 2012

Domingo 29 Abril.



A pesares de que a previsión do tempo presaxiaba auga, estivo unha mañán tranquila, na que por veces acompañounos o sol, outras o frío e en ocasíons o vento, pero da choiva nin rastro.

O percorrido que fixemos Abraham, Ángel, Julio, Marante, Miguel, Monky e Yiyo, levounos a transitar polo Pedrido ata Pontedeume, onde iniciamos unha longa ascensión que nos levou ata Irixoa por un trazado rompepernas. Dende alí voltamos para Cambre, a ritmo suave se cadra pensando no que nos imos atopar o vindeiro fín de semana, na curta pero terrorífica Peña Cabarga. No MARTIPAN cargamolas pilas con unhas abondosas tapas de callos, que boa falta nos van a facer, pois como dicía a vindeira semán esperanos, unha das citas deportivas mais importantes do ano.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.