Coa Peña Cabarga na mente, alí onde o "bisonte" Juanjo Cobo, cántabro él para mais datos, estivo a piques de perder a Volta Ciclista a España a mans do sorprendente Froome, e tendo en conta que a participación da marcha a celebrar en Solares consta de un percorrido de 137 quilómetros, adicamos este día a facer fondo a pesares de que a climatoloxía non acompañaba. Saimos de Cambre en dirección a Betanzos, de alí subimos ata Torrelavandeira, e continuamos rodando por Teixeiro e Sobrado, onde subimos ata os eólicos do Alto do Bocelo, alí paramos un anaco a avituallar, e retornamos por Corredoiras, Curtis, Oza e Cecebre, para rematar repoñendo forzas en Degustación MARTIPAN, que boa falta nos facía. Abraham, Julio, Marante, Miguel, Monky e Yiyo completamos un total de 121 quilómetros, suficiente para poder atacar con garantías unha marcha, a Cántabra que se nos antoxa será bastante dura, alomenos na súa parte final.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.