O pasado día 11 de Xullo celebrouse a Gran Fondo Ezaro Costa da Morte
2021, tendo como punto de partida e chegada a localidade do Ézaro. A
proba disputábase en dúas modalidades, Medio Fondo duns 80 km e a Gran
Fondo de 150 km.
Na de Medio Fondo foron os nosos Xalos Alfredo Alba e Juan Antonio
Ferrío, mentres que na Gran Fondo participaron Miguel Manteiga, Rafa
Garcia, Kike Vázquez e Javier Vila.
A proba estivo perfectamente organizada, coidandose todo o relativo ós protocolos COVID.
En canto a resultados Alfredo Alba e Juan Antonio Ferrio firmaron o 196
e 244 posto respectivamente na Medio Fondo, mentres que na larga Rafa
Garcia fixo unha impresionante 24 posición loitando no grupo de cabeza,
Miguel Manteiga o 120, Javier Vila o 154 e Kike Vázquez o 158, facendo
estos dous últimos un traballo conxunto co noso amigo David Gestal,
desde O Ezaro a Muros e volta por Carnota.
14 de xul. de 2021
GRAN FONDO ÉZARO 2021
Crónica de Javi Vila:
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.