26 de xul. de 2021

EXCURSIÓN POLA DE LENA

Crónica de Pablo Castellanos:

O fin de semana do 17 de Xullo despois de arranxar tódolos astros, xuntabámonos uns cantos Xalos aficioados o ciclismo en ruta, para subir varias cumes emblemáticas, facendo base en Pola de  Lena "Destino Ciclista". 

A 2-3 portos diarios comezabamos o Sábado subindo A Cubilla a primeira hora pa baixala e subir Cobertoria por Lena e Gamoniteiru, cun calor considerable e disfrutando dunhas panorámicas espectaculares en todo momento, igual ca baixada rapidísima a Lena.
Estirando, comendo e hidratando ben fomos recuperando o corpo po Domingo, que prometía, subindo Cordal Angliru Cordal. Na subida o Cordal desde Lena coroamos co gran Camilo Figueroa (exciclista profesional Clase Cajastur, Caja Rural e .... un pracer), baixando a Riosa enchendo botes en cada fonte q chejáballe ben o calor, e xa tabamos sufrindo uns mais que outros, (grazas a Garajes Paco por conseguirme e facilitarme un pepino de bici eléctrica) para que están as ebikes e as pernas, para poder disfrutar do ciclismo en grupeta neste entorno inmejorable e non morrer no intento. Despois de coroar o coloso Angliru, baixamos cautelosamente e casi sin batería e sen pernas para subir Cordal desde Riosa (me encanta esta subida) prácticamente apagado, y aún recuperando patas, máis a subidita de 1km o hotel e terminar ca autonomía xusto a tempo. Grazas a Carlos e Juan e a cada un do grupiño por compartir e deixarme disfrutar deste peazo fin de semana en Santa Cristina de Lena.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.