Crónica de Enrique Fraga (Tito):
"O pasado día 21 de Outubro, desprazámonos a Fene uns cuantos Xalos para participar na VII Ruta Senderos de Fene, organizada polo Club BTT Fene.
Ruta durecha na súa primeira parte, que e todo en subida, finalizando dita subida nunha zona con unhas vistas impresionantes (se chegas con folgos para poder mirar para elas).
Despois continua a ruta pasando por unha zona de sendeiros bastante rápidos e divertidos.
Apreciabase perfectamente o traballo realizado pola organización que non foi pouco.
Por parte da PCMX, asistimos Pablo, Juan Luis, Jorge, Duarte, Esteban, Exposito, Oscar, e o que suscribe, acompañados por algúns bos amigos como Franchi, Juan Carlos e Toni, ademáis de algún que outro @zapateiros.
Desfrutamos rodando case todos xuntos en grupeta durante meirande parte da ruta, habendo tempo para algunha que outra broma como se pode ver nas fotos, ainda que a Expo non lle fixo moita gracia sacar a bici do contenedor do lixo no segundo avituallamento.
Ao remate, os que poidemos, quedamonos a dar boa conta da comida que nos tiña preparada no centro social de Maniños.
En definitiva, felicitar a @club.btt.fene polo traballo realizado para que nos desfrutasemos e comenzar a conta atrás para a próxima edición. A bon seguro repetiremos
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.