2.- REGULAMENTO.
2.1.- NORMATIVA XERAL.
A proba a celebrar cumprirá as disposicións marcadas nos regulamentos técnicos da Real
Federación Española de Ciclismo baixo o epígrafe “Probas de Ciclocross”.
2.1.1.- PROMOCIÓN.
A Peña Ciclista Monte Xalo realizará unha proba de
Promoción con corredores/as de categorías: principiantes, alevíns e infantís
que estén en posesión de licenza federativa. A distancia da proba será de unha
volta ó circuito, onde os participantes poderán empregar bicicleta de BTT ou de
Ciclocross. Non haberá clasificación nesta proba.
2.1.2.- INSCRICIÓNS.
A preinscrición faráse a través do portal de
inscricións da páxina web da Federación Galega de Ciclismo (FGC). Os
corredores/as confirmarán a súa participación presentándose persoalmente, ou a
través do seu director deportivo ou representante do clube, coa súa licenza ó
Xurado Técnico na oficina permanente, dende unha hora e media, ata media hora
antes da saída.
A preinscrición péchase o mércores anterior á proba,
ás 23:59 horas.
A categoría Promoción, soamente poderá facer a súa
preinscrición na web da FGC.
2.1.3.- SAÍDAS DAS CATEGORÍAS E
HORARIOS.
O número de mangas e horarios de saída para cada categoría serán:
·
No caso da
proba de Promoción, as 14:30 horas.
·
1ª saída
MASTER 50/60
|
15:00 horas
|
MASTER 30
|
|
FEMINAS MASTER
|
|
·
2ª saída
MASTER 40
|
Ó finalizar a carreira anterior
|
CADETE
|
|
FEMINAS CADETE
|
|
·
3ª saída
ELITE E SUB 23
|
Ó finalizar a carreira anterior
|
JUNIOR
|
|
FEMINAS ELITE E SUB 23
|
|
FEMINAS JUNIOR
|
|
A ceremonia de entrega de premios terá lugar ó finalizar a 3ª saída e o
período de reclamacións.
2.1.4.- DURACIÓN DAS PROBAS.
o
Cadetes: 30
minutos.
o
Juniors: 40
minutos.
o
Sub-23: 50
minutos.
o
Elite: 60
minutos.
o
Máster
30/40/50/60: 40 minutos.
o
Féminas cadete:
30 minutos.
o
Féminas junior:
40 minutos.
o
Féminas máster:
40 minutos.
o
Féminas
elite/sub-23: entre 40 e 50 minutos.
2.1.5.- NÚMERO DE VOLTAS.
O número de voltas calcúlanse e comunícanse ó
finalizar a segunda volta.
2.1.6.- ZONA DE MATERIAL E ACREDITACIÓNS.
A zona de material estará sinalizada e cumpre
as medidas según normativa. Ó longo do posto de material haberá unha
separación, por medio de cintas entre o circuíto da carreira e o corredor do
cambio de material. O posto de material estará sinalado e delimitado de forma
precisa mediante unha bandeira amarela ao principio e ao final da separación
entre os dous corredores. Á beira do pasillo de cambio de material haberá unha
zona reservada ós mecánicos e o seu material, dunha profundidade de dous
metros.
Soamente o persoal de asistencia
debidamente inscrito, acreditado e provisto de licenza federativa anual, pode
permanecer nas zonas de material.
As acreditacións serán entregadas
polo Xurado Técnico de cada proba, na entrada á zona de material, previa
presentación da licenza anual: mecánico,
director deportivo, monitor ou corredor. Soamente se permite dúas
acreditacións por corredor e queda totalmente prohibido o acceso á zona, de
persoas sen acreditación.
2.1.7.- DISTANCIA DO CIRCUITO.
2500 metros de lonxitude, según Normativa Técnica REFC.
2.1.8.- PREMIOS,
TROFEOS E MAILLOT DE LÍDER.
|
ELITE E SUB 23 MASCULINO CONXUNTAMENTE
|
ELITE E SUB 23 FEMININO CONXUNTAMENTE
|
1º
|
100,00 €
|
100,00 €
|
2º
|
60,00 €
|
60,00 €
|
3º
|
40,00
€
|
40,00 €
|
4º
|
30,00 €
|
30,00 €
|
5º
|
15,00 €
|
15,00 €
|
TOTAIS
|
245,00 €
|
245,00 €
|
* Categorías Máster masculino e
feminino non terán dereito a premio en metálico.
O final de cada proba recibirán o
correspondente trofeo os 3 primeiros/as clasificados/as de cada categoría.
Impoñeráse o maillot de líder da Copa Galicia de Ciclocross ó primeiro/a da
clasificación xeral individual despois da carreira, en cada unha das
categorías:
Homes:
·
Cadete.
·
Junior.
·
Sub-23.
·
Élite.
·
Máster 30.
·
Máster 40.
·
Máster 50.
·
Máster 60.
Mulleres:
·
Cadete.
·
Junior.
·
Sub-23.
·
Élite.
·
Máster 30.
·
Master 40.
·
Máster 50.
PROMOCIÓN: non se entregarán
premios, nin trofeos, non se fará clasificación.
2.1.9.- ACTO PROTOCOLARIO ENTREGA DE PREMIOS.
O acto protocolario de entrega de
premios terá lugar ó finalizar a competición de todas as categorías.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.