Emprazamento.
A proba ubícase no ámbito xeográfico de Carral. Este Concello pertencente á mariña coruñesa, atópase 17 Km ó sur da capital de provincia, coincidindo co trazado da estrada N-550. A súa superficie é de 48Km2, e posúe unha poboación de 6240 habitantes, concentrada en 8 parroquias, que completan o seu territorio con abondosas zoas agrícolas, forestáis, e con importantes espazos naturáis.
Entorno.
O entorno elexido para o desenrolo da proba é a parroquia de San Vicente de Vigo. Esta localidade, limítrofe co concello de Cambre, caracterízase polas súas amplias zoas agrícolas e boscosas, que son percorridas ó sur polo discurrir do río Barcés no seu camiño ó encoro de Cecebre. A gran área natural e paisaxística dispón dunha importante rede de camiños e carreiros para a práctica do deporte ó aire libre, e tamén a visita a edificios históricos en forma de pazos e casas señoriáis.
Circuito.
Trazado.
As carreiras terán lugar en finca de índole privado, onde o circuito discurrirá predominantemente por campa vexetal verde. No serpenteo do seu percorrido, incorpóraránse obstáculos naturáis en forma de desniveis, talúdes e rampas, e outros artificiáis tales coma escadas, tablóns ou fosos. A totalidade do circuito e a zoa de asistencia, contarán con balizado reglamentario.
Localización.
43°14'51.8"N 8°17'54.6"W
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.