Crónica de Oscar Vilela : "O pasado domingo 7 / 10 / 18 celebrouse a XVI Ruta BTT da Costa da Morte. A saída foi dende a praza do concello de Carballo ás 09:30h sendo neutralizada ata chegar a altura da conserveira Calvo. A ruta contou con 45 kQm e 900 m + aproximadamente. A mañá foi ben fresquiña mais durante a xornada a temperatura acadou os 22 graos. Os primeiros 10 Qm foron pola veira do río Anllóns. O tramo estaba nun entorno onde se podía disfrutar da natureza, iso si, cun ollo no trazado correcto sen marxe para os erros. Despois fomos en busca da costa preto da praia Aviño, e de ese modo poder enlazar co ascenso polo Monte Neme para regresar a Carballo. Durante toda a ruta notábase unha gran labor por parte da organización. A chegada foi na conserveira antes citada onde estaban instaladas as zoas de limpeza de bicis, duchas e onde se fixo a xuntanza dos participantes pra comer churrasco e criollos e rematar a xornada coa a entrega de premios. A organización estivo exitosa cunha señalización e número de voluntarios nos cruces peligrosos de obrigada mención e que permitía disfrutar ó máximo do percorrido en todolos tramos. A ruta é totalmente recomendable. O noso clube foi representado por seis membros: Tito Fraga, Manuel Expósito, Juan Luis Pérez, Jorge Manuel Veiga, Fernando Novás e Oscar Vilela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.