19 de set. de 2018

APROXIMACIÓN O FIN DO MUNDO


En total 25 compañeiros comenzamos a triloxía Aproximación ó Fin do mundo coa primeira etapa que remataba na localidade de Malpica. Como somos xente sen prisa, a segunda etapa farémola probablemente o vindeiro ano. Mágoa que o percorrido teña que utilizar en bastantes ocasións estradas, e que non haxa un camiño permanente pola costa que enlace ambas localidades, a bó seguro sería moi utilizado por moita xente. Excelente día solleiro que rematou sen apenas incidentes agás a típica "chapa e pintura", con paradas intermedias no camiño para reagrupamentos e tamén para botarlle algún refrixerio, que non ía ser todo pedalear. Unha boa ruta a ritmo tranquilo para disfrutar da compaña de bos amigos, que comenzou a carón da Torre de Hércules e que tivo o seu remate en Malpica, onde xá despois de ter o choio virao disfrutamos da tarde, da praia e as terrazas. O seguinte capítulo, está por escribir...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.