19 de xuño de 2018

III BTT CARRAL


Ata 23 inscritos da PCMX xustificaron o diploma acadado como grupo mais numeroso na III edición da BTT de Carral. Unha vez mais acudimos en masa a esta proba tan cercana, que a pesar de presentar un perfil bastante escarpado i esixente, non nos arreda de participar, pois a excelente organización de esta cicloturista anima a repetir un ano sí e outro tamén. Camiños moi traballados i en bastante bó estado fixeron que éste ano, a pesar de que non apretou a calor coma o anterior, seguise vixente o lema da organización "na de Carral súdase". Agardamos pola IV con impaciencia, pois tódolos anos nos sorprenden con novas variantes que fan mais amena a ruta. O remate pasta, cervexa a esgalla i empanada de Carral, como non !!!, outro acicate mais pra voltar o vindeiro ano.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.