12 de abr. de 2018

V RUTA DOS LOBOS. A FONSAGRADA

Cronica de Marcos Louro:
"O pasado sábado celebrouse a V ruta dos Lobos na Fonsagrada, coa posibilidade de facer o venres unha ruta nocturna e así disfrutar dun fin de semana completo de puro mtb.

Coma sempre nos teñen acostumados unha ruta espectacular e moi traballada,  este ano prepararon tres novos tramos: o do río da Porteliña espectacular e as baixadas da Fornaza e de Pedras Apañadas.

Ata alí acudimos uns 15 Xalos a disfrutar das tres opcións de rutas preparadas  (30-45-60 qm). Calquera delas fixeronse moi duras polo embarrado do terreo, ainda que as espectaculares vistas compensaban sobradamente ese sufrimento."

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.