"Segunda proba do calendario das transgalaicas, nesta ocasion tocou Vigo, toda a semana chuvia constante que por sorte parou aó chegar o domingo temprano. O circuito tiña pinta de ter moita lama, pero non foi asi, algunha que outra poza e so o remate un camiño moi enlamado. Vigo é un circuito moi polivalente, con subidas duras e baixadas de enduro en 2 tramos, con pisteo en subidas onde non rompias as pernas. Tódolos Xalos puidemos acabar as 2 voltas, excepto Javi que pinchou no Qm 5 e non puido arranxar co que tivo que abandoar.
Pola P.C. Monte Xalo participamos Sergio, Kike, Javi, Manolo e Nadia."
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.