14 de feb. de 2018

VI MARCHA BTT CONCELLO DE RIANXO


Crónica de Pablo Castellanos:
"A Peña Ciclista Castro Barbudo facía a sexta edición desta Ruta BTT con Andaina e tres distancias de 34, 47 e 65 Qm na BTT. Asistimos Guille, Diego, Fernando, Roberto Pedreira, Tabo  máis eu, o 4 de Febreiro cun bon temporal de frío e neve en cotas baixas o fin de seman en toda Galicia.
 Polo camiño iamos collendo máis respeto o tempo, coas máquinas quitaneves botando sal na AP9 e a 0°C antes do amencer. Chejamos a Rianxo cuns poucos graos máis pero xa sen choiva e aclarando o ceo. E xa preparados pa sair chejou unha nube fea pa comezar a descargar auga fría pa empezar a ruta ben quentiño a menos de 5°C jeje. Lojo dos primeiros qms chovendo, comezou a visitar Lorenzo os montes de Rianxo e os 500 bikers iamos estirando o pelotón polos duros repeitos e acumulando Qms. Pa min o máis duro foi o qm antes do corte. Podiase comparar co muro do Ézaro pero éste era mitad asfalto graba e mitad camiño enlamau con pedriñas. 
Ainda así decidin coller a ruta longa, xa que, a mañan ainda q fría era agradable co soleciño e tiña ganas de disfrutar das fermosas vistas dende a parte alta dos montes de Rianxo. E así foi os poucos metros xa disfrutando das fermosas panorámicas da Ría de Arousa dende as laderas do Pico Muralla (digo laderas porque faltáronme uns metros pa chejar as famosas cetas do Muralla debido os calambres por un fallo técnico no sistema bote-portabote bebin menos do debido, ainda así fixen  os mesmos Qms 65, ladeando o cume do Pico Muralla).
No punto máis alto da ruta 650 m, pa min 550, comezou a granizar, pa min chover forte e co frío no corpo comezabamos os últimos 15 Qm maiormente en descenso. Enlazamos ruta en Ourille (grazas as indicaciones da Peña Castro Barbudo) e así polas trialeiras escorregadizas iamos baixando pouco a pouco ata o fermoso e soleado paseo de Rianxo que esperaba os últimos participantes da gran ruta btt, que o cruzar meta nos tiñan preparados refrixerio, cerveza, empanada, tortilla e unhas riquisimas filloas e sorteo de regalos pos asistentes.
Organización inmellorable nunha paraxe idónea pa práctica deste bicioso deporte. O ano que ben terei que intentar subila Muralla jeje. "

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.