27 de feb. de 2018

TRANSGALAICA COTOBADE- PONTEVEDRA



Crónica de Fran Calabria:
"O Domingo 25 de febeiro trasladábanse ata a localidade de Cotobade (Pontevedra), catro unidades da Peña para disputar a primeira Transgalaica do ano, puntuable para a categoría XCM da federación galega de ciclismo. A proba constaba de un circuito de 27 Qm, que se realiza en duas pasadas. A esixencia do terreo e o nivel dos participantes faria exprimir ata a ultima pedalada dos participantes.  A primeira subida, coñecida por “A CALZADA ROMANA”, e podría decirse que a mais dura pola sua exixencia técnica, sería a detonante para por no seu sitio os corredores; subida larga e tendida con numerosos escalons e pedras soltas. As baixadas eran moi rapidas e divertidas, tendo algún punto no que había que deixar correr a bicicleta sen tocar o freo.

Pola parte do club hay que destacar a 4 posición en categoría élite de Nadia Rajcok, e a participación en Máster 30, conseguindo finalizar a proba de Javier Vazquez, Fran Calabria e Sergio Morandeira. Gracias a eles a PC Monte Xalo colócase na 37 posición do ranking por equipos, a espera de disputar a seguinte Transgalaica que se disputará o vindeiro 11 de Marzo na localidade de Ames, no que seguro que os nosos participantes o volverán a facer moi ben."

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.