25 de set. de 2017

BTT POLAS CABECEIRAS DO ANLLONS 2017

Crónica de Enrique Fraga "Tito":
"O pasado Domingo 17 de Septembro, achegamonos a Laracha un bó numero de Xalos, animados polo éxito da anterior edición, tanto organizativamente como na beleza do percorrido.
Non defraudou, de novo, nin a organización (de 10) nin o percorrido.
Cambio significativo no inicio da ruta pasando a caron do rio en lugar da subida por pista do ano pasado. No resto, poucos cambios en relación a ultima edición, con moitas pistas , subidas esixentes, baixadas técnicas, e zonas nas que a organización tivo que traballar a reo.
Todo esto a escoller entre duas posibilidades, 45 e 30 Qm aprox.
A zona final a carón do rio, acabou de romper as pernas dos participantes (a uns mais que a outros) pero, dada a cercanía da cervexa e dos pinchos, xa se aturaba de calquera maneira.
En definitiva, teremos que volver, xa que o traballo dos organizadores ten a sua mellor recompensa volvendo nas próximas edicións e, a bon seguro, que Xalos non van a faltar.
 Noraboa a L2R polo trabalo realizado."


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.