12 de xuño de 2017

MADRID-SEGOVIA EN BTT


Crónica de Jorge Rodríguez "Yiyo":
"Hai pouco disputouse a Madrid-Segovia en btt, na que pola parte da PCMX participaron Yiyo e Raúl Santalices acompañados de uns amigos de Madrid. A proba consistía en percorrer 117 quilómetros entre Madrid e Segovia por pistas e sendeiros en 2 etapas cronometradas, Madrid- Cercedilla (62Qm+1300m) e Cercedilla- Segovia (55Qm+1000) con un tempo neutralizado entre etapas de 40 minutos. As 8:00h dábase a saída o pelotón pro, aqueles que contaban rematar a proba entre 4 e 6 horas. Nos saímos as 8:15 no pelotón open, para tentar rematar entre as 6 e 8 horas.
A primeira etapa era mais ben rodadora en contínua ascensión, pero con algún tramo de baixada pedregoso ata o remate en Cercedilla, onde nos agasallaron con un avituallamento completo con ensalada de pasta incluída e masaxe para quen quixera. Esta parada contaba como tramo neutralizado sumando 40 minutos a cada participante no seu tempo total.
Logo de repoñer forzas e hidratarse comenzou a segunda etapa, que tiña o tramo mais duro do día con unha subida de 10 Qm ata o alto de Los Leones, límite entre a comunidade de Madrid e Castela-León. O remate do ascenso comenzou a baixada de La Panera, a cual era bastante complicada pois discurría por un regato seco de pedras soltas o que a facía moi técnica. O tramo cronometrado finalizaba a entrada de Segovia, a uns 3 Qm do remate para que a xente poidese acabar con tranquilidade e disfrutar da espectacular chegada a carón do acueducto, onde unha grande cantidade de persoas recibiron os mais de 1600 participantes que conseguiron cubrir os 117 Qm de que constaba a proba.
Unha grande organización, con abondosos avituallamentos e servizos técnicos e médicos o longo do percorrido, dan motivos mais que sobrados para repetir en vindeiras edicións"


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.