15 de mar. de 2017

VIII RUTA ENDURO MEDELA

 Crónica de Marcos Louro:
"O pasado 5 de marzo Pablo e mais eu acudimos a San Ciprian, en Lugo, a VIII Ruta Enduro Medela.
As previsións metereolóxicas auguraban unha xornada de frio e auga pero ó final resultou un día nubrado e ata cálido, polo que puidemos disfrutar ainda mais os 4 tramos técnicos preparados polo Club Medela Mtb nunha ruta de 35 quilómetros.
O final do percorrido esperabanos para reponer forzas un xantar co resto dos participantes.
En definitiva unha ruta moi recomendable para os que gustan de apurar mais nas baixadas que nas subidas e a que intentarei acudir para o ano próximo."

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.