13 de nov. de 2016

II CIRCUITO CICLOCROS MAYADOR. VILLAVICIOSA

Este finde tiñamos a posibilidade de correr na copa de Asturias, porque o sábado non se celebraba ningunha proba en Galicia, e aló fomos. Expléndido circuito en Villaviciosa, moi distinto os galegos; rectas longas, curvas e carrís amplios onde coller máis velocidade, adiantar, etc... O día presentouse con choiva, polo que o circuito estaba deslizante, facendo aínda máis atractiva a carreira. Polo PC MONTE XALO, participou Julio en M40, acompañado na categoría e na viaxe por David Gestal. Moi bon ambiente e circuito na capital da sidra famosa no mundo enteiro. Para voltar máis veces, dende logo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.