14 de nov. de 2016

II CICLOCROS CONCELLO DE VIVEIRO

Este finde tocaba OPEN galego de CX, e o circuito era Viveiro. Maña perfecta para ciclocrosear, fresca, sen choiva en con chan deslizante por mor das choivas dos últimos días. Trazado moi mellorado con respecto do do pasado ano, incluindo ademáis un bonito tramo de duna, cun curto pero técnico tramo de area, que como se pode ver nas imaxes, todolos XALOS eramos quen de pasar montados, non sen certo sufrimento, xa que no medio do mesmo, a profundidade da area era cando menos respetable.




Boa xornada de CX na mariña lucense, que xa dará paso as probas de Pontevedra, nas próximas xornadas.





Pola PC Monte Xalo, participamos Sergio en Elite, Pedro en M30, Julio en M40, e Quique en M50, que ademáis acadou o terceiro posto do podio da súa categoría.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.