14 de maio de 2016

MINITRAIL DO LOR

Crónica de Bruno Cardamás: 
"Venres a noite tocaba desprazarse a Quiroga para correr a mañán seguinte o Minitrail do Lor (15 qm, 1100m+). As lembranzas eran boas, xá que o ano pasado tiña conquerido a victoria, ademais de facer o meu primeiro podium nun trail. co cual as gañas de voltar eran grandes. Erguémonos as 7:00 am, almorzamos, vestímonos de curto e preparamos todo pra o momento da saída. As 9:00 diuse a saída e puxémonos a correr, tanto os do trail longo como os do mini. Compartiríamos 6 qm prácticamente de subidas ata chegar o avituallamento, onde nos desviarían. Logo virían uns qm de baixada, onde o ritmo das pernas faise mais elevado e có que se disfruta todavía mais. A falta de 4 qm, antes do derradeiro avituallamento informanme que vou 4º, e decido seguir o mesmo ritmo co fín de que os de atrás non me collan, e si é posible alcanzar o 3º con forza, pero o remate entro na cuarta posición con un tempo de 2h 4min, a tan só 1' do 3º, e con moi boas sensacións nas pernas. Foi unha carreira moi bonita, onde o día respetounos xá que non choveu e a temperatura era moi agradable. Para a miña sorpresa subín o podium en categoría senior/absoluta, xá que os 3 primeiros eran de categoría xeral.
Moi contento polas sensacións e por estar aí diante unha vez mais. Ademais gustaríame felicitar o gañador do Minitrail Moncho Muíños (A.D. Jarnachas), o cual está intratable, e a un amigo, Antón, que disfrutou moito da carreira i eso plasmouno acadando chegar entre os 25 primeiros do Minitrail."

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.