15 de maio de 2016

II VOLTA CICLOTURISTA QUIROGA COUREL RED BOI

Crónica de Sergio Morandeira:
"Ali fomos J.L. Montes mais eu,  e coa prevision de choivas, chegando ali o tempo era favorable, sen nubes e dando unhas boas sensacions. Empezamos dando unha volta por Quiroga para quencer, logo tocou empezar a subir o Alto do Boi, onde o bós escaladores foronse separando do pelotón inicial formando varios grupos. Aí foi clave xá que empezou a chover cando  uns 25 ciclistas mais eu íamos por diante. Xá no Alto do Boi empezando a baixar, os primeiros mollámonos bastante xá que era unha baixada moi longa e ademais comenzou o vento e a sarabia. Empadapo e conxelado coas mans case sen poder frear puiden chegar o avituallamento onde pararon a proba, non sabia porqué, cando me dixeron que foi pola neve...os do peloton que non pasaron o Alto do Boi cando a nós empezounos a chover a eles tocoulles neve quedandose ali atrapados sen moverse, os primeiros refuxiamonos nun bar próximo sen luz, pero cunha boa estufa de leña a espera que nos viñeran buscar. A organizacion avilitou un bus para trasladarnos e a protección civil para levarnos as bicis xá que estabamos no val abaixo de todo atrapados pola neve, o final todos chegamos a Quiroga sen incidentes graves"


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.