4 de abr. de 2016

II BTT TERRA CHÁ

 Crónica de Sebastián González:
"Este domingo día 3 de Abril tivo lugar en Vilalba a segunda edición da BTT Terra Chá e 5 integrantes da Peña Ciclista acudiron as inmediacións da coñecida vila a disfrutar das paisaxes do interior galego e o famoso agasallo, un queixo de San Simón. Pola contra, as condicións meteorolóxicas distaron de ser agradables. Choiva, frío, granizo e un forte vento racheado nas cumes sumado o lamazal no que se convertiu o percorrido enteIro, con moitísimas zonas impracticables o paso montado na bicicleta, fixo que un perfil a priori sencillo pola ausencia de dificultade técnica, rematase sendo unha tortura para o avance. Felicitar a organización pola ruta e o marcado perfecto da mesma, non había posibilidade de erro."

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.