22 de mar. de 2016

II TRAIL CIDADE DA CORUÑA

Crónica de Iván Bugallo: "O domingo 13 de marzo participei no II Trail Cidade da Coruña. O tempo acompañou e fixo que os 23 qms dos que constaba o traxecto mais longo fosen moi divertidos. No tema da climatoloxía quédase o único positivo. Se entrades no foro do trail en facebook ou en correrengalicia veredes que a organización foi totalmente caótica. Moitos bucles e pouco persoal levaron a moita xente a perderse por non existir control nos múltiples cruces que o percorrido facía sobre sí mesmo. Esto levou a que o final se suspendera a clasificación. Os dorsais podíanse recoller os días previos no Decathlon, non así o chip, polo que tivemos que facer unha segunda cola o propio día da proba. Era a segunda edición, e para o ano que ven non aconsello participar se a organización volve a ser a mesma."

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.