28 de mar. de 2016

ADESTRAMENTO MORREDERO.

Partiamos ca previsión de tempo frío e seco, e así foi. Xa dende as 9:15 h que chegamos o Bierzo, o sol acompañounos ate a volta a Galicia. Tradicional ruta polas terras do Bierzo con partida dende Ponferrada, onde pedaleamos primeiro dirección Ourense, para un vez rebasadas as Médulas, xirar o norte e enfilar o percorrido deica os Ancares, onde a altura de Vega de Espinareda damos a volta para dirixirnos a Ponferrada de novo, e xa facela aproximación o coloso berciano. Espectacular ascensión co ceo totalmente despexado, sol e un brillo resaltado por mor da neve, que nos acompañou nos Qm finales da ascensión, como se aprecia nas imaxes. Pola PC Monte Xalo pedaleamos alí; Marante, Monky, Guille, Yiyo, Miguel, Roberto Río, Josecho, Roberto Pedreira, Quique, Esteban, Maragoto, David, Sergio, Julio e David Gestal do ccCambre. Tamén se desprazaron a Ponferrada varios familiares dos ciclistas, que poideron disfrutar do día e das paisaxes, e tamén prestar unha valiosa axuda a modo de avituaiamento e roupa de abrigo dende os coches. Entreno de estrada moi aproveitado, un ano máis, no impresionante e duro Morredero.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.