Tocaba facer unha reunión de grupo tanto de ciclistas estradenses como de beteteiros arredor dun bó xantar, e co preludio de un par de rutas en ambas modalidades. Tomando como referencia o Monte Xalo, e concretamente Castelo, punto de saída e chegada de todolos participantes, por espazo de case tres horas disfrutamos das bicis, mentres os nos@s acompañantes ían de andaina pola ruta dos muiños de Celas. Dámolas grazas a Asociación Castelo Deporte por cedernos as duchas do pabillón polideportivo, de onde arrancamos para degustar un saboroso churrasco, así como para ter unha xornada grupal onde ciclistas e acompañantes disfrutamos cambiando impresions, e sobre todo da agradable compaña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.