30 de set. de 2015

IX CARREIRA E CANICROS POPULAR CONCELLO DE BOIMORTO

O sábado, tocaba correr a pé. 6.334 m polo entorno de Boimorto, divididos en 2 voltas nas que destacaba o camiño de monte sobre o asfalto. Moi bon día cunha temperatura duns 25ºC, e boa participación en todalas categorías, incluso na proba de peche que era a vistosa modalidade do canicros. Dorsal, camiseta de regalo e avituaiamento líquido e sólido final. Tarde moi agradable en Boimorto, con participación na carreira absoluta de Roberto Pedreira e Julio por parte da PC Monte Xalo. Tamén se desprazaron Sonia e Marante, este último na súa bici, a vela proba e animar. Para repetir edicións, sen dúbida !!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.