17 de maio de 2015

MARCHA C.C. LOBEIRA

Continuando ca tendencia actual, aínda sen chegar o término de “desafío” os nosos colegas do Lobeira aumentaron a dureza da súa tradicional marcha cicloturista. Este ano ademáis do alto que lles da o nome, decidiron incluir a ascensión o Castrove, pola súa vertente dura. Marcha coma sempre controlada, levada a un ritmo moi constante polo chan, cos dous tramos libres en subida para o que queira exprimirse. Avituaiamento nas dúas cimas, e tamén o fin da marcha, onde se serviron uns pinchos abondosos paralelamente a entrega de trofeos. Alí estivemos disfrutando do bon facer dos de Vilagarcía, Kike, Roberto Río, Marante, e Julio.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.