

"O pasado Domingo, 11 integrantes do club fomos a Dumbría, David Asenjo, Pablo Castellanos, Miguel Angel Franco, Sebastián González, Marcos Louro, Ricardo Louro, Pablo Maceiras, Pablo Martínez, Juan Carlos Sánchez, Manuel Santiso, mais Enrique Vázquez, a esta interesante btt con boa comilona o remate. O entorno érame coñecido por celebrarse no inverno unha proba de ciclocross. Como cheguei con tempo comencei localizando os integrantes do clube espallados en pequenos grupos. A primeira hora facía frío e fun ben abrigado, craso erro porque o mediodía case dame un síncope coa calor. O principio formouse un bo tapón que fixo que os últimos fósemos algo mais retrasados. O traxecto foi variado, con subidas e baixadas rotas, paseos sinuosos o carón do río e longas subidas polos muiños de vento. A ruta larga fíxoseme longa o final, pero o xantar con raxo, criollos e pasta compensouno con creces."
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.