Por Roberto Tejedor.
"O pasado 19 de Abril, organizada pola empresa deportiva Global DXT Pontevedra e o Concello pontevedrés, celebrouse a primeira edición da Pontevedra 4 Picos, na que tivo representación por varios integrantes, a P.C. Monte Xalo nas probas de btt, ainda que a organizacion tamen preparou varias probas de trail.
Contouse con duas probas de BTT, una marcha curta na que habia que recorrer dous picos, a mitade do percorrido e a versión longa, que transcorria a traves dos catro picos, cunha distancia total de 120 qm e un ascenso acumulado duns 3342 m (datos que poden variar dun a outro GPS) e un IBP de 248 BYC
Ruta moi dura, ascensos longos, con algunha parte técnica, e baixadas rápidas, tamen con zonas perigosas e técnicas. As vistas a paixase e o percorrido foi espectacular. 4 picos moi duros, os dous primeiros levaronse rápido pero recomendable gardar enerxía para os dous ultimos, en especial o terceiro.
A climatoloxia acompañou toda a xornada, unha maña fresca pero o resto do día cálido e sen ningunha chuvia, incluso o monte non estaba mollado dos dias anteriores, algún charco si que habia pero nada destacable.
Para ser a primeira edición, estivo todo bastante ben organizado. Avituallamientos xenerosos, a xente moi atenta, tamén habia asistencia mecánica e incluso asistencia medica/fisioterapeutica. A organización de dez!!!
A nota lamentable, e que non se pode culpar a organización, foi que notouse que por parte dalguns participantes quedou moito lixo no monte, principalmente envoltorios de barritas e xeles. Tomemos este punto non como unha critica se non como forma de sensibilizarnos todos de que temos que coidar o mais basico e importante...o monte. Esperemos que por este tipo de accións non nos terminen prohibindo a entrada a eles.
Indudablemente unha ruta para repetir en vindeiras edicións."
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.