12 de xan. de 2015

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CICLOCROS. GIJÓN 2015

E para finala tempada de CX 2014-2015, alá nos fomos a correlo campeonato nacional o parque dos "Pericones" de Gijón. Circuito propio dunha das probas belgas de nivel, impecablemente marcado con estacas de madeira, corda e malla de pvc, nos que os colegas asturianos traballaron a reo no espectacular enclave deste parque a entrada da cidade. Técnicamente moi compricado polo desnivel existente, aderezado cunhas escaleiras interminables, uns taludes moi esbaradizos e incluso unha zoa de area, o que compre engadilo barro nas carreiras de cadetes, junior, sub 23, e elite, disputadas o domingo despois dunha noite de choiva. Espectáculo polo tanto garantizado nun gran espacio aberto preto da cidade, no que o público disfrutou enormente do evento.
Pola PC Monte Xalo participou desta volta Julio, que andivo pola metade da clasificación de M40, despois de sair na cola dun pelotón duns cen ciclistas. Cecáis isto foi o que máis chamou a atención, o gran nº de ciclistas que coparon as parrillas, que no caso de M30 incluso superou o cento. Fenomenal campionato nacional nun circuito expectacular preparado por Asturias. Baixouse o telón do CX nacional esta tempada. Ate a próxima !!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.