29 de dec. de 2014

CAMPEONATO GALEGO DE CICLOCROS - CX CASTELO DE MACEDA

Fabulosa xornada en Maceda. Cun subcampeonato en M30 con Calvete, e un 3º en M50 con Quique, cerrámolo CX 2014 en Galicia. Pola PC Monte Xalo participou tamén Julio en M40, que completou a carreira no posto 12 da categoría. Viaxaron con eles a localidade ourensana, Lorena, Yiyo e Eloy que fixeron as veces de asistentes axudando polo circuito.

Día moi anubrado e con choiva saíndo da Coruña e durante o viaxe, que tornou en seco e moi frío a medida que pasaba a mañá de competicións, chegando incluso a nevar en Manzaneda, montaña que se ve dende o circuito. Carreira moi familiar, como pasa sempre en Maceda, na que desta volta se contou co excampión do mundo Hermida como participante para conmemoralo 10º aniversario da escola que leva o seu nome. Todo un luxo poder ver en directo o catalán, un dos mellores en btt do mundo.
Moi emotiva tamén a presencia de Vicente Alló no circuito, onde confirmou a súa recuperación e recibiu os saúdos de todolos asistentes a proba. Felicitacións o CCMaceda polo circuito tan bonito que prepararon para pechalo ciclocrós galego ate o 2015. Felicitacións tamén a Luz Iglesias e María Casal polas magníficas instantáneas.

FELIZ ANINOVO !!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.