Onte celebramos a primeira sesión das xornadas de sensibilización de seguridade vial. Abriu a xornada Alfonso Paz Platas, axente de tráfico do Sector Galicia, e da súa disertación a verdade é que quedamos gratamente sorprendidos porque en ocasións cremos saber todo, e a realidade é ben distinta pois temos que dicir que aprendimos cousas moi interesantes que descoñecíamos. Continuaron Fran García, responsable da Escola da Bici Movi-liza e Paco González que nos amosaron as virtudes da circulación en bicicleta pola cidade, o mesmo tempo que tamén nos aconsellaron para evitar posibles accidentes que poideran derivar dos desprazamentos pola urbe. A xornada resoltou moi interesante, sobre todo a raiz dos debates que se abriron tralas presentacións dos ponentes. O Xoves teremos o peche das xornadas na que compañeiros da PC Quintena e do CC Riazor aportarannos os seu punto de vista, así como o do ex-profesional Ezequiel Mosquera.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.