19 de dec. de 2014

PEDALEA SEGURO

 Onte remataron as xornadas de sensiblización sobre a seguridade vial do ciclista organizadas pola peña Monte Xalo. As ponencias correron a cargo de Javier Barbeito directivo da PC Quintena, Roberto Rilo presidente do CC Riazor e a clausura correu a cargo de Ezequiel Mosquera que aportou a súa opinión dende o punto de vista de un profesional. Os asistentes, na maioría practicantes asiduos do ciclismo, xá estamos concienciados do problema que estamos a sufrir cando nos desprazamos coas nosas bicicletas polos entornos urbanos e interurbanos e dos perigos que esto acarrexa. A conclusión que sacamos de estas xornadas é que debemos difundir a mensaxe de respeto ciclista-automovilista entre aqueles que descoñecen as normas, para que tomen conciencia do asunto e que pensen que si en cada familia houbese algún practicante do ciclismo nas súas diferentes opcións, o respeto hacia nós sería máximo, como sucede en países coma Holanda por exemplo, pero non só o respeto debe ser de cara o ciclista, senón que tamén nós debemos de respetar as normas de circulación, que é a forma da cual logo podemos esixir respeto. Agradecemos a todolos ponentes, Alfonso Paz, Fran García, Paco González, Javier Barbeito, Roberto Rilo e de xeito especial a Ezequiel Mosquera, que se desprazou ex profeso, a súa participación en estas xornadas, que esperamos fagan chegar unha mensaxe que cale fondo en toda a sociedade, a do respeto o ciclista. Difunde a mensaxe ¡¡¡

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.