14 de out. de 2014

IX BTT ARTEIXO


Este domingo día 12, 4 integrantes da Peña Ciclista Monte Xalo acudiron a unha das tradicionales e máis técnicas probas da comarca, o BTT de Arteixo. Ofrecíanse dúas modalidades, 35 e 56 km, ámbalas dúas cun perfil típico rompepernas de Galicia, subidas e baixadas continuas sen tempo para recuperación. Especial mención as baixadas, por chamalas dalgunha maneira, xa que nalgures parecían auténticos barrrancos. Por sorte o tempo acompañou o 90% da proba e tendo unha forma física aceptable a proba curta realizábase en menos de 3 horas. O ano que ven disputaráse a décima edición na que sen dúbida volveremos a estar por alí. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.