5 de xan. de 2014

TROFEO COMUNIDADE DE MONTES DE DOMAIO. CICLOCRÓS DE MOAÑA.

Para clausuralo open galego de ciclocrós 2013-2014 e a tempada desta modalidade en Galicia, os da asociación Punta Fondón organizaron a súa proba no circuito da ponte de Rande. Circuito de forza, que combina longas rectas con zoas de lama e de escaleiras.

Por parte da PC Monte Xalo participou Andrés Calvete en M-30 obtendo un magnífico 4º posto, amosando de novo unha fenomenal regularidade nesta manga con tanto e igualado nivel.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.