7 de xan. de 2014

CLAUSURA DA TEMPADA DE CICLOCROS


Esta é a estupenda imaxe que nos deixa os membros da PC Monte Xalo esta tempada 2013/2014 de ciclocrós. A victoria de Andrés Calvete en Mosende. Aínda que o máis doado é tirar de podio, recordamos que Andrés mantivo unha excepcional regularidade durante toda a tempada, o que o aupou ate o terceiro peldaño do caixón da clasificación xeral M-30 do Open galego, na que foi a categoría con máis nivel das mangas que se disputaban nos circuitos da nosa comunidade. Aínda que nada máis contabamos con dous compoñentes no equipo, un deles foi quen de rodar sempre cos primeiros na súa categoría, aínda contando con un equipamento un pouco xusto, sobre todo o inicio da tempada. Isto debe animarnos para próximas tempadas, a ver si somos quen de colocar máis compoñentes do clube nas grellas de saída desta intensa e divertida modalidade invernal do ciclismo. O fin da tempada cecais acontece un pouco prematuro, e limítanos a ver este deporte pola tele, xa que aínda non se disputou o campionato de España nin o do mundo. Como aquí no norte aínda queda moito inverno, algúns continuaremos adestrando no circuito da Laboral ate polo menos marzo, tendando pulila técnica para tempadas vindeiras. Como agora varios xa tedes bici "das que non frean" si queredes adestrar en grupeta, quedamos!! Ate o próximo ano!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.