![](http://2.bp.blogspot.com/-KxiP9xjyKAw/UoET0rkq9sI/AAAAAAAAH9E/iq3P4moa7mA/s200/DSC03054.JPG)
Unha representación da PC MONTE XALO acudiu o pasado domingo a Praza de María Pita da Coruña o chamamento de concentración que fixo a Federación Galega de Triatlón en varias cidades galegas. Aínda que con menos ciclistas dos desexados, tivemos membros de todolos clubes de ciclismo e triatlón do entorno da cidade. O día non axudo moito, pero os que alí estivemos estamos convencidos de que se ten que facer algo para que deixen de perdela vida deportistas e usuarios da bicicleta, como acontece de maneira continua nas estradas nacionais. Esperemos que todas estas iniciativas xurdan o seu efecto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.