18 de nov. de 2013

CICLOCROS O ROSAL. XVI TROFEO COMUNIDADE MONTES DAS EIRAS

Moi boa tarde se quedou o pasado sábado para disputala primeira proba do calendario galego de ciclocros. Tamén moi boa a participación nesta carreira dos compañeiros do CCRosal, que outro ano máis preparan este duro e técnico circuito. Desta volta o chan estaba seco e combinaba unha zoa de campa con tres zoas de tablóns, cunha de monte con ate cinco subidas que case todos faciamos ca bici o lombo, cas súas conseguintes baixadas cheas de area e raices, que nos obrigaban tamén a patear.
Desta volta participaron os Monte Xalo; Julio en M-40 e Calvete en M-30, acadando este último unha 5ª posición moi meritoria, nestas categorías que cada ano posuen máis nivel

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.