27 de maio de 2013

POR TERRAS DO BARBANZA


 









Había que ir realizando un adestramento de calidade, de cara a posta a punto para a participación da cicloturista internacional dos Lagos de Covadonga. Eliximos o Barbanza polo seu perfil parecido a etapa asturiana. Con saída dende Boiro, fixemos unha rota circular, na que aparte das moitas subidas (ata 5) que non figuran como portos, ascendimos o precioso Pico da Muralla, que ten unhas vistas impresionantes, e como colofón o Monte Iroite. Día solleiro, que xá ía facendo falta, e grata compañía. Como guinda do pastel, arrimámoslle un churrasco no "centro loxístico" do camping Barraña onde nos trataron de marabilla. Gran día de cicloturismo. Mais fotos no seguinte enlace:
https://picasaweb.google.com/106775249419568928211/AdestramentoBoiro250513

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.