24 de abr. de 2013

III DESCENSO DO XALO

O pasado fín de semán, celebrouse a III edición do descenso o Monte Xalo. A proba era puntuable para o Open Galego e foi organizada polo equipo School Riders. Nun trazado prácticamente idéntico o de edicións anteriores, e o longo de 2 quilómetros, os intrépidos descenders, deleitaronnos coa súa habilidade nesta disciplina. Memorables xornadas nas que a peña Monte Xalo estivo representada por Oscar Canosa, que como se pode ollar na instantánea, puxo todo da súa parte para contribuir o espectáculo. Realmente logo de estar dando ánimos a Oscar, non nos quedou a mais mínima dúbida, de que merece a pena acercarse a ver as evolucións de estos valentes, que deixan a mais de ún coa boca aberta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.