14 de xan. de 2013

Campionato de España CX Navia



....e chegou o campionato de España de ciclocrós e aló nos fomos a Navia-Asturias, a disfrutar do fin de semán. Cunha previsión de tempo moi mala, chegamos o circuito o sábado a 1ª hora para correr na manga de M-40. Contra a previsión, o tempo respetounos e deixounos disfrutar dun percorrido técnico con tramos de area de patear, escaleiras, valados e campa, esta última húmeda e esbaradiza, pero con pouco barro. O propio sábado, a parte de correr, poidemos disfrutar do ambiente ( uns 600 competidores e unhas 3.000 persoas ) e do resto das mangas masculinas e femininas, emperorando xa moitísimo as condicións meteorolóxicas nas probas da tarde. Estas condicións mantivéronse durante a noite e puxeron o circuito nunhas condicións técnicas e físicas moi esixentes, xa que as zoas de barro incrementáronse notablemente para as probas do domingo.
Estas culminaron ca proba raiña alá polas 13:30 h, nas que, desta volta coma espectadores poidemos apreciar como van os Murgoitio, Suárez, Larrinaga, etc, nesas condicións. Impresionante campeonato nun circuito precioso, dos do norte !!! moi disputado e gañado por Aitor Hernández.



Felicitacións a xente de Navia que fixo posible este evento, que incomprensiblemente non foi cuberto pola TV, pero que os que tivemos a sorte de estar alí, poidemos disfrutar dun espectáculo impresionante. Como mostra, estes dous videos recollidos e montados por Estíbaliz, onde poderedes aprecialas nosas tribulacións polo circuito, o ambiente vivido, e a velocidade que se moven polo barro os que disputaron a medalla de oro do campionato.

VIDEO 1   VIDEO 2



Velaí queda ese dorsal 41 da Española, no traxe de correr da nosa Peña. Non ocupou posición meritoria, pero foi o primeiro dorsal dun Monte Xalo nun campionato nacional. A ver si é o primeiro de moitas participacións....!!!


        
                                              

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.