8 de xan. de 2013

CABALGATA DE REIS EN CAMBRE


 Carlos, novo socio da Peña, participou na Cabalgata de Reis organizada polo Concello de Cambre.
Carlos está afectado pola Síndrome x- fráxil, o que non impediu que, arropado en todo momemto polos compañeiros do
CC Cambre poidera disfrutar de unha tarde máxica acompañando as carrozas dos Reis Magos na súa chegada o Concello, os cuales estaban a prepararse para repartir todolos agasallos que pediran os nenos e nenas de Cambre. Mentres se esperaba a noite mais desexada de todo o ano polos pequenos, todolos presentes no Pabillón Sofía Toro poideron disfrutar da presenza de Melchor, Gaspar e Baltasar, así como degustar unha saborosa chocolatada. Agora toca esperar ata o vindeiro ano.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.